I.E.S. de Sada



Esta bitácora e dos alumnos e profesores do IESP de Sada, para que escriban, expoñan, propoñan ou recorden cousas importantes, ou non.

Temas



Archivos

Enlaces

A nosa páxina

Cousas de alumnos

Departamentos

Sala de Estudios

Todo Fotos

Otros


Se muestran los artículos pertenecientes al tema Proxectos.

02/02/2005

Nome limpiño e arranxado

Dscn6876 (Small) (Custom).jpgPronto teremos un nome arranxado no instituto co vello estaba bastante roto e agora, tras un largo proceso de pintado, repintado, pegar e facer as letras, os alumnos de 4º van deixar o patio moi lucido. Pronto Marisa daranos as fotos de todo o proceso.
02/02/2005 22:57 Enlace permanente. Tema: Proxectos Hay 6 comentarios.

27/01/2005

Van a Madrid

images.jpgHoxe marchan cara a Madrid algúns alumn@s de 2º de Bacharelato, teñen un importante e concentrado percorrido por museos e institucions. Teño a "promesa" de David de contarnos todas as experiencias mais destacadas e un feixe de fotos.
Maís información na bitácora de CCSS.
27/01/2005 15:44 Enlace permanente. Tema: Proxectos Hay 10 comentarios.

11/12/2004

O artigo esquencido

O artigo que faltaba sobre a Carreira solidaria, feito por Grecia Marrón Liñares e Nuria Pardo López.

Grazas polo voso artigo.

Recordade que ya temos as fotos dese día.
11/12/2004 18:32 Enlace permanente. Tema: Proxectos No hay comentarios. Comentar.

26/11/2004

Na Carreira

Image Hosted by ImageShack.us

Temos un problemiña ca Carreira de hoxe, o noso reporteiro non poido asistir, así que estamos esperando que algún "Veterano" (2ºBach) dos que correron, deixe de mirar pas fotos e faga un artigo desde dentro, con sentimento, así quedará para a posteridade, na historia do instituto como o primeiro alumno/a que "posteou" na bitácora. Animo co fin de semana da para todo. Mais información.... Foto de Raquel
26/11/2004 13:54 Enlace permanente. Tema: Proxectos Hay 5 comentarios.

25/11/2004

¿Onde foi o noso farrapo solidario?

farrapo.jpg Queremos recordar a todo o centro, que HOXE terminábase o farrapo xigante co que se alfombrou a praza do Obradoiro, e.... ¿Quen coseu o noso farrapo? ¿Quen pasou moitísimo frío? ¿Quen nos representou a todos e terminou o traballo que nos comezamos a risco de unha pulmonía? Foi BELEN, unha das profes do ciclo de cerámica. O noso agradecemento e maña un cafeciño ben quente.

Actualización: saimos cos farrapos na Voz de Galicia edición impresa (dos fotos y articulo) e tamén na Opinión. Aquí a proba:

Image Hosted by ImageShack.us
25/11/2004 10:33 Enlace permanente. Tema: Proxectos Hay 5 comentarios.

Pazo de Oca, novembro

Image Hosted by ImageShack.us

Xa temos fotos da saída ao Pazo de Oca, polo que vemos nelas os sitios son moi impresionantes. A foto e de Raquel Pérez (1º Bach A) e as do albúm son de Raquel e de Esther a Profe.
25/11/2004 22:25 Enlace permanente. Tema: Proxectos Hay 6 comentarios.

24/11/2004

Carreira Solidaria

Como algúns xa sabedes, o Venres celebrarse unha carreira organizada pola O.N.G. Save the children a favor dos nenos de Sudán. Será na praza elíptica ou no pabellón (dependendo do tempo)e están invitados os colexios da zona. Esperamos de vos unha masiva participación e todoslos demais animando. Aqui a Información Xeral do evento. A información da carreira no centro teñena Xulián e Uxío
24/11/2004 18:50 Enlace permanente. Tema: Proxectos No hay comentarios. Comentar.

22/11/2004

Carballo con botas

Image Hosted by ImageShack.us

Xa temos as fotos do Contacontos, xentileza de Marisa.
22/11/2004 22:15 Enlace permanente. Tema: Proxectos Hay 2 comentarios.

20/11/2004

CONCURSO NAVIDEÑO

Image Hosted by ImageShack.usImage Hosted by ImageShack.us
E.N.L. traballando no proxecto.... "pillado academico"

BASES DO CONCURSO


Convócase concurso de ARBORES DE NADALa nivel de clases no que se valorará:

- ORIXINAUDADE DO TRABALLO.
- A DIFICULTADE DO MESMO SEGÚN O TEMA ELIXIDO: (SOLIDARIDADE, PAZ, MEDIO AMBIENTE, MALOS TRATOS).
- CADA ÁRBORE TERÁ UN CARTELIÑO CUN TITULO E O NOME DO CURSO.

- DATA EXPOSICIÓN ÁRBORES:
13 DECEMBRO

- LUGAR: PATIO CENTRAL.

- FALLO DO XURADO:
22 DE DECEMBRO


20/11/2004 20:53 Enlace permanente. Tema: Proxectos Hay 2 comentarios.

18/11/2004

Farrapos solidarios

O Centro de Artesania e Deseño, en solidaridade coa campaña non a violencia contra as mulleres, propuso a participación do instituto nela facendo o seguinte:

Imos facer un FARRAPO SOLIDARIO XIGANTE, de deseño libre. Faranse nas titorias, so necesitamos un retaliño de 20x20 (maís ou menos), agulla e fio. Este Farrapo unirase a outros que pretenden alfombrar a praza do Obradoiro de Santiago.

¡¡Participa!!

Centos de persoas galegas e do resto do país están colaborando, deseñadores como Roberto Verino, Adolfo Domínguez, Toypes, Montoto, Amaya Arzuaga, Kina Fernández, Gealfer, Miriam Ocáriz, Mango, Mundo Novias, Ágata Ruiz de la Prada, Rosa Clara, Mafecco etc; empresas de todo tipo para os refrescos, bocadillos, chuvasqueiros, fíos, águilas; voluntarios para organizólo todo, etc

Despois do día 25 a alfombra desfarase e repartirase en varios grupos para confeccionar bolsos "de deseño" que se comercializarán por internet e en determinadas tendas colaboradoras. Os beneficios serán para ONG,s e outras entidades que despunten na loita polos dereitos da muller.
18/11/2004 20:17 Enlace permanente. Tema: Proxectos Hay 2 comentarios.

10/11/2004

Actividade do E. de Normalización Lingüística

O Venres 19 de novembro, haberá unha actividade organizada polo E.N.L. será un CONTACONTOS SOBRE A SOLIDARIDAD E O MEDIO AMBIENTE, realizado por la ONG "Bicis pola Paz".

* Haberá 6 SESIÓNS distribuídas por niveis, na BIBLIOTECA, seguindo o seguinte horario:

- 1ª HORA -----> 2ºESO
- 2ª HORA -----> 1ºESO
- 3ª HORA -----> 3ºESO
- 4ª HORA -----> 2ªBACH
- 5ª HORA -----> 1ªBACH
- 6ª HORA -----> 4ºESO
10/11/2004 19:10 Enlace permanente. Tema: Proxectos Hay 1 comentario.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]