|
Temas
Archivos
Enlaces
A nosa páxina
Cousas de alumnos
Departamentos
Sala de Estudios
Todo Fotos
Otros
|
Se muestran los artículos pertenecientes al tema Departamentos.
15/04/2005
DESTINO:PARIS O proxecto desta viaxe empezou a xestarse en Outubro deste curso.
Como non era a primeira vez que se facía a actividade, houbo mezcla de ilusión e recordo.
Do 14 ó 19 de Marzo cruzamos Francia, pasando por Bordeaux, o castelo de Azay-le Rideau e, finalmente, aló ó fondo, asomou a luz da mítica Tour Eiffel.
Todo o quixemos ver: os museos, o Sena, Notre-Dame, Montmartre, Versailles, Eurodisney... e conseguímolo: exhaustos!!!, pero fomos cegando ó final.
É imposible rematar esta pequena introducción ás fotografías sin mencionar, expresamente, o mellor de todo: O GRUPO DE ALUMNAS/O que fixo a viaxe!!!.
Seminario de Francés Ana Álvarez.
TODAS as fotos ... que son moooitas. Son de Antia, Pablo, Raquel e Carina.
05/04/2005
VISITA AO CIEC DOS ALUMNOS DE 1º E DE 4º DA ESO Os días 28 de Febreiro, 7 e 14 de Marzo, alumnos de 1º e de 4º da ESO realizaron, dentro das actividades da materia de Educación Plástica e Visual, unha visita ás instalacións do CIEC,( Centro Internacional da Estampa Contemporánea ).
Este Centro posúe un Museo da Estampa, no que os alumnos puideron contemplar obras dos principais artistas que traballan estas técnica.
Nos talleres lles mostraron as ferramentas e a maquinaria utilizada para o proceso de gravado, a aprenderon as características das distintas técnicas: punta seca, augaforte, xilografía, litografía e procedementos aditivos.
Finalmente, o alumnado –e tamén os profesores- puideron levar á práctica o aprendido, realizando un proxecto completo de gravado e estampación coa técnica da punta seca.
Os resultados foron, naturalmente, moi variados, pero para todos resultou una experiencia motivadora e sorprendente contemplar a transformación dunha simple prancha de zinc nunha pequena obra de arte persoal.
Celia Pernas Departamento de EPV
04/12/2004
Bitácora de CCSS O número de Bitácoras dos Departamentos vai aumentando. Hoxe temos unha nova, a Bitácora de C.C.S.S., xa está colocada no lateral e na Páxina do centro. Paseade por ela, ten links moi interesantes.
Pouco a pouco a comunidade educativa vai tendo moitos lugares de encontro, aproveitate deles!!!!
28/11/2004
|