I.E.S. de Sada



Esta bitácora e dos alumnos e profesores do IESP de Sada, para que escriban, expoñan, propoñan ou recorden cousas importantes, ou non.

Temas



Archivos

Enlaces

A nosa páxina

Cousas de alumnos

Departamentos

Sala de Estudios

Todo Fotos

Otros


Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2005.

02/03/2005

Información variada

Estase a facer no instituto un curso para o profesorado:
"Obradoiro de consumo"
Datas: 23,24 de febreiro e 3, 8, 10 e 17 de Marzo.
Parece que esta resultando moi interesante, xa nos informarán algo maís.

Non esquezades co día 8 de Marzo, " Día da Muller Traballadora", poremos algo especial nesta bitácora.

03/03/2005

Homenaxe a Luisa Villalta

luisa.jpgO venres faremos un homenaxe a Luisa Villalta no que poderedes participar todos. Os actos celebraranse durante as duas últimas horas co seguinte horario:

5ª hora:Tres actividades simultaneas

1/"ILUSTRAR TEXTOS"


Imaxinamos unha actividade creativa para coñecer mellor a obra de Luisa Villalta.

Elixe unha frase o párrafo que che diga algo.

Imaxina como reflexar ese texto nunha imaxe: pintura, collage, debuxo.

Ou, para quen queira, fai do verso outro texto, o teu texto

• ALUMNADO DE 1° E 2° DA ESO
• NO PATIO CENTRAL DO INSTITUTO.
Para quen o prefira pódese utiliza-la clase para realiza-la actividade


2/ MESA REDONDA:

Intervirán:

* Cesáreo Sánchez Iglesias (Pdte. Asociación Escritores en Lingua Galega)
* Cristina Cubeiro (Ex alumna e profesora na Escola de Idiomas de Santiago)

* Intercalarase lectura de poemas ou textos por parte de alumnado de 2° BACH

• ALUMNADO DE 3° E 4° DA ESO
• NA SÁ USOS MÚLTIPLES


3 / MESA REDONDA:

Intervirán:

* Estíbaliz Espinosa (poetisa)
* Francisco Pillado (escritor y crítico literario)
* Intervención dun ex alumno e poeta, Victor
* Intercalarase a lectura de poemas e textos por parte do alumnado de 2°
* Posible interpretación musical a cargo de alumnos de 2°

* ALUMNADO DE 1° E 2° BACH
* NA BIBLIOTECA


_______________________________________________________________


6ª hora:Actividades conxuntas de todo o centro

* Realización de murais colectivos POR AULAS: Pintura,escritura, collage.
* Convocatoria do II certame literario "Luisa Villalta"
* Clausura dos actos da Homenaxe
03/03/2005 19:16 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

07/03/2005

Día da Muller

mujer (WinCE).jpgMartes 8 de marzo, día da Muller Traballadora.
Queremos facer un homenaxe a todas as mulleres, novas e maiores, que loitan a diario por ser elas mesmas. Pincha nos enlaces e disfruta ...

* Mulleres. Imaxes de "National Geographic"
* Especial muller "el mundo".
07/03/2005 20:23 Enlace permanente. Tema: Datas a recordar Hay 2 comentarios.

10/03/2005

Pasou un ano

lazo_negro.gif
11 de Marzo
10/03/2005 00:07 Enlace permanente. Hay 3 comentarios.

15/03/2005

Últimos días de clase

Estamos nos últimos días de clase antes das Vacacions, lembrade ca volta temos a "Semana de Pasión" con todos os exames e as avaliacions, poñede as cousas a punto e non esquezades nada importante.

As fotos que ainda non sairon, terán que esperar un pouco, así teremos tamen as dos "morreras" que andan de paseo por París.

Os de 2º Bach xa están sufrindo os exames. Ainda terán que esperar un pouco polas datas da 3ª avaliación, porque no dependen do instituto, cando as teñamos poremolas asiña.

29/03/2005

Sssssssshhhhh

busca_al_perro2.gifSo unhas palabras de animo e un momentiño de descanso para todos os que estan estudiando coma tolos.... baixiño para non molestar...Tendes que buscar un canciño moy bonito.
29/03/2005 22:24 Enlace permanente. Hay 3 comentarios.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]