I.E.S. de Sada



Esta bitácora e dos alumnos e profesores do IESP de Sada, para que escriban, expoñan, propoñan ou recorden cousas importantes, ou non.

Temas



Archivos

Enlaces

A nosa páxina

Cousas de alumnos

Departamentos

Sala de Estudios

Todo Fotos

Otros


Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2005.

04/04/2005

¡¡POR FINNNN!!!

normal_Imagen 016 (Medium) (Custom).jpgMoitas cousas temos que decir hoxe....
* Penso que xa arranxamos o problema cas fotos e por fin aparecen fotos novas, aunque pode ser que "algunha" desaparecese:

* As fotos do día do homenaxe a Luisa, un día para o recordo.

* Xulian e Anxeles fixeron un curso en Lisboa, e trouxeron fotos moi interesantes.

* Abrimos un álbum de actividades no instituto, con todas esas cousas que se fan no centro pero fora das clases.

* Faltan as fotos de París (non hay forma de conseguilas...) e dalgunha saida do departamento de EPV que serán moi interesantes e que xa se poderán poñer. Penso que tanto Marisa como Sonia teñen fotos olvidadas que pronto verán a luz.

Espero que estén todas

05/04/2005

Humor en tempos de exames

Como andamos de exames, un pouco de humor e comprensión por parte da "Real academia Española"... Importantes decisions en relación a escritura dos mensaxes SMS. Un sorriso e a seguir cos libros.
05/04/2005 14:28 Enlace permanente. Hay 1 comentario.

VISITA AO CIEC DOS ALUMNOS DE 1º E DE 4º DA ESO

IMGP0240 (Medium) (Custom).JPGOs días 28 de Febreiro, 7 e 14 de Marzo, alumnos de 1º e de 4º da ESO realizaron, dentro das actividades da materia de Educación Plástica e Visual, unha visita ás instalacións do CIEC,( Centro Internacional da Estampa Contemporánea ).

Este Centro posúe un Museo da Estampa, no que os alumnos puideron contemplar obras dos principais artistas que traballan estas técnica.

Nos talleres lles mostraron as ferramentas e a maquinaria utilizada para o proceso de gravado, a aprenderon as características das distintas técnicas: punta seca, augaforte, xilografía, litografía e procedementos aditivos.

Finalmente, o alumnado –e tamén os profesores- puideron levar á práctica o aprendido, realizando un proxecto completo de gravado e estampación coa técnica da punta seca.

Os resultados foron, naturalmente, moi variados, pero para todos resultou una experiencia motivadora e sorprendente contemplar a transformación dunha simple prancha de zinc nunha pequena obra de arte persoal.

Celia Pernas
Departamento de EPV
05/04/2005 15:06 Enlace permanente. Tema: Departamentos No hay comentarios. Comentar.

15/04/2005

DESTINO:PARIS

IMAG0018 (Medium) (Custom).JPG
O proxecto desta viaxe empezou a xestarse en Outubro deste curso.

Como non era a primeira vez que se facía a actividade, houbo mezcla de ilusión e recordo.

Do 14 ó 19 de Marzo cruzamos Francia, pasando por Bordeaux, o castelo de Azay-le Rideau e, finalmente, aló ó fondo, asomou a luz da mítica Tour Eiffel.

Todo o quixemos ver: os museos, o Sena, Notre-Dame, Montmartre, Versailles, Eurodisney... e conseguímolo: exhaustos!!!, pero fomos cegando ó final.

É imposible rematar esta pequena introducción ás fotografías sin mencionar, expresamente, o mellor de todo: O GRUPO DE ALUMNAS/O que fixo a viaxe!!!.

Seminario de Francés
Ana Álvarez.

TODAS as fotos ... que son moooitas. Son de Antia, Pablo, Raquel e Carina.
15/04/2005 18:12 Enlace permanente. Tema: Departamentos Hay 9 comentarios.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]