|
Temas
Archivos
Enlaces
A nosa páxina
Cousas de alumnos
Departamentos
Sala de Estudios
Todo Fotos
Otros
|
Os días 28 de Febreiro, 7 e 14 de Marzo, alumnos de 1º e de 4º da ESO realizaron, dentro das actividades da materia de Educación Plástica e Visual, unha visita ás instalacións do CIEC,( Centro Internacional da Estampa Contemporánea ).
Este Centro posúe un Museo da Estampa, no que os alumnos puideron contemplar obras dos principais artistas que traballan estas técnica.
Nos talleres lles mostraron as ferramentas e a maquinaria utilizada para o proceso de gravado, a aprenderon as características das distintas técnicas: punta seca, augaforte, xilografía, litografía e procedementos aditivos.
Finalmente, o alumnado –e tamén os profesores- puideron levar á práctica o aprendido, realizando un proxecto completo de gravado e estampación coa técnica da punta seca.
Os resultados foron, naturalmente, moi variados, pero para todos resultou una experiencia motivadora e sorprendente contemplar a transformación dunha simple prancha de zinc nunha pequena obra de arte persoal.
Celia Pernas Departamento de EPV
|