I.E.S. de Sada



Esta bitácora e dos alumnos e profesores do IESP de Sada, para que escriban, expoñan, propoñan ou recorden cousas importantes, ou non.

Temas



Archivos

Enlaces

A nosa páxina

Cousas de alumnos

Departamentos

Sala de Estudios

Todo Fotos

Otros


Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2004.

01/12/2004

iesdesada.net

Xa temos "dominio propio", (¿sabes que é un Dominio?).... Por iso a nova dirección da Páxina é http://www.iesdesada.net (a vella tamén serve).

Isto ofrece a posibilidade de ter "subdominios" para as páxinas ou bitacoras de todos os Departamentos, Profesores e grupos de Alumnos, que teñan relación co ámbito docente.

Así a Bitácora do centro ten ahora esta dirección: http://bitacora.iesdesada.net

Para entrar na Bitácora do Departamento de Matemáticas, http://matematicas.iesdesada.net


E na Bitácora do Departamento de E.F. entrase ahora con http://edufis.iesdesada.net

(as direccións vellas tamén serven)

Pouco a pouco isto vai camiñando...... Image Hosted by ImageShack.us
01/12/2004 21:59 Enlace permanente. Tema: A nosa páxina Hay 1 comentario.

04/12/2004

Bitácora de CCSS

Image Hosted by ImageShack.us

O número de Bitácoras dos Departamentos vai aumentando. Hoxe temos unha nova, a Bitácora de C.C.S.S., xa está colocada no
lateral
e na Páxina do centro. Paseade por ela, ten links moi interesantes.

Pouco a pouco a comunidade educativa vai tendo moitos lugares de encontro, aproveitate deles!!!!
04/12/2004 13:04 Enlace permanente. Tema: Departamentos No hay comentarios. Comentar.

Agradecementos

applause.gifQueremos agradecer a dous profesores do IES As Mariñas de Betanzos, as suas aportacións:
José Ricardo López Saavedra e
José Antonio Alonso Martín.


Gracias a Ricardo temos toda a Lexislación Educativa de Ensino non universitario, actualizada ao mes de novembro, xunto co manual completo de Procedemento Administrativo.

E gracias a Antonio que aportou duas valiosas ideas: O agregador de noticias RSS da páxina principal do insti, para que podamos ver as últimas novas da bitácora nesa páxina. E a utilización da base de datos MySQL do aloxamento Web da Xunta para radicar todo o material fotográfico, sin o que teriamos un rebumbio tremendo cas nosas fotos (como temos pouquiñas...).

Estas aportacions xa teñen o seu reflexo na páxina principal do centro, e no lateral da bitácora (todo fotos).
04/12/2004 20:20 Enlace permanente. Tema: A nosa páxina Hay 2 comentarios.

06/12/2004

Día da Constitución

Image Hosted by ImageShack.us

Hoxe celébrase o día da Constitución, ademáis de non ter clase.....

¿Que e a Constitución? pasa pola "Sala de estudio" e entra na súa páxina onde tamén está en Galego

¿Cantas tivemos antes?, botalle un ollo a este artigo e contás.

¿Cal foi a primeira? si, foi "La Pepa", hoxe e bo día para fedellar por ela.

Os Profes temos aquí recursos sobre a Constitución.

Naquelos anos non tiñamos nada claro que e como votar, os medios de comunicación fixeron o seu traballo con viñetas de humor coma esa. Hai moitas mais, e tamén cartéis electoráis.
06/12/2004 17:44 Enlace permanente. Tema: Sala de Estudios No hay comentarios. Comentar.

07/12/2004

Falando de fotos...

diciembr_19 (Custom).JPGXa temos as fotos ordenadas e co sitio para poñelas todas, estos días faremos maís, todos poñendo cara de exames, mentras ide vendoas no lateral da Bitácora. Buscade que están todas (case).
07/12/2004 19:47 Enlace permanente. Hay 25 comentarios.

11/12/2004

O artigo esquencido

O artigo que faltaba sobre a Carreira solidaria, feito por Grecia Marrón Liñares e Nuria Pardo López.

Grazas polo voso artigo.

Recordade que ya temos as fotos dese día.
11/12/2004 18:32 Enlace permanente. Tema: Proxectos No hay comentarios. Comentar.

13/12/2004

O último día

O último día de clase antes das vacacions haberá moitas actividades nas 3 últimas horas, entre elas o trofeo navideño de fútbol, para participar tendes que escoller unha selección POR CURSO (non por grupo) e darlle a lista a Julián nestos días, ou non o poderemos facer. Ya sabemos o que costa poñerse dacordo, pero se queredes xogar necesitamos unha seleción por curso.

16/12/2004

O último día actualizado

ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA AS 3 ÚLTIMAS HORAS DO DÍA 22 DE NADAL

* Proxección da película "Baran", na sá de usos múltiples.

* Fallo do concurso Árbores de Nadal, organizado polo ENL.

* "E ti que pintas no Instituto?" actividade de pintura con tema e técnica libre, no patio do instituto.

* Campionato de fútbol seleccións por cursos. No polideportivo.

* Os DJ's do noso IES. Programación de música durante as tres horas por diversos alumnos/as no patio do instituto (sen confirmación)

* E como ben di Júlian nos comentarios "aínda haberá outra actividade:
OS DE MEDIAMBIENTAIS VAN INVITAR A UN ALMORZO A ALUMNOS/AS DE 2º DA ESO"..... todo actualizado ao último minutiño

Para máis información e ideas novas..... Júlian.

21/12/2004

OLLO!!!!!! importante

Image Hosted by ImageShack.us

Temos cambios nos horarios, estade atentos e comprobadeos se tendes algo en concreto que facer:

Fútbol e voley:

3º---4ºESO ----> 11'30 --- 12'10
1º--2ºBACH ----> 12'10 --- 12'50
Voley fem. ----> 12'50 --- 13'30
1º-- 2ºESO ----> 13'30 --- 14'10

Almorzos:

2ºC --->11'30
2ºA --->12'15
2ºB --->13'00

O demáis segue igual

22/12/2004

Feliz nadal

Image Hosted by ImageShack.us

Xa escomenzaron as vacacions!!!! No último día as rapazas de 3ºA recorreron o centro cargadas de doces e convidandonos dende a primeira hora, iremos dando maís información e fotos ao largo das vacacions, FELIZ NADAL

23/12/2004

Pouco a pouco

pinta1bita.jpg A festa do mercores foi un exitazo, escomenzamos polo "taller de pintura" onde os nosos artistas poideron lucir as suas habilidades.

25/12/2004

Unha novidade

Encontréi unha nova fonte de información neste artigo, e unha recopilación de libros de moitas bibliotecas do mundo, esperase que durante o primeiro trimestre do 2005 estén disponibles ao público os contidos duns 50 mil, aínda cas bibliotecas xa entregaron maís dun millón de títulos.
Xa tendes o link na Sala de Estudios -> Novidades
25/12/2004 19:23 Enlace permanente. Tema: Sala de Estudios No hay comentarios. Comentar.

28/12/2004

Ñam-Ñam

namnam.jpg Algúns alumnos poideron degustar os almorzos que fixeron os de 4º, parece co pasaron ben cociñando!!!

29/12/2004

Fútbol

futbol (Custom).jpgHoxe tocalle os "futboleros".... concentrados e cun viruxe.....!!!!
¿Alguén pode dicirme os resultados? Os que gañaron querrán sair na prensa.

Actualizado: Xa sabemos cos de 2º Gañaron os de 1º ---> 6-1


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]