
Autor: E.N.L. Mª Jesús Cea
O pasado venres 19 de novembro tiveron lugar na Biblioteca do noso centro,durante toda a mañá,varias sesións de CONTACONTOS SOLIDARIOS a cargo de Anxo,que pertence a unha ONG denominada "BICIS POLA PAZ" que dende Chantada percorre os nosos centros educativos coa altruísta e fermosa finalidade de acadar bicicletas para que os médicos e mestres no Terceiro Mundo teñan medios para desprazarse.
As historias que relatou, cheas de valores solidarios e de defensa do medio ambiente,non pasaron desapercibidas para a maioría dos alumnos que, animadamente,participaban nelas.Foi unha lección diferente e orixinal que por uns intres nos fixo cavilar nas miserias dese mundo que está tan lonxe pero que non debemos esquecer.
Fecha: 24/11/2004 18:31.