|
Temas
Archivos
Enlaces
A nosa páxina
Cousas de alumnos
Departamentos
Sala de Estudios
Todo Fotos
Otros
|
01/05/2005
A nova bitácora Como podedes ver cambiamos o diseño e o sitio da nosa bitácora, agora que está instaurada e todos a coñecemos, e o momento de buscar un sitio onde todos os co desexen poidan escribir os artigos nela. E moi fácil, so tendes que animarvos e escribir..... se xa o estades, falar conmigo (Cristina) e direivos como facelo.... Esta bitácora quedará enlazada para que todos podamos volver cando necesitemos recordar algo. Algúns artigos pasaron para a nova bitácora, pero todo quedará enlazado. Entrade e decide que os parece.
15/04/2005
O proxecto desta viaxe empezou a xestarse en Outubro deste curso.
Como non era a primeira vez que se facía a actividade, houbo mezcla de ilusión e recordo.
Do 14 ó 19 de Marzo cruzamos Francia, pasando por Bordeaux, o castelo de Azay-le Rideau e, finalmente, aló ó fondo, asomou a luz da mítica Tour Eiffel.
Todo o quixemos ver: os museos, o Sena, Notre-Dame, Montmartre, Versailles, Eurodisney... e conseguímolo: exhaustos!!!, pero fomos cegando ó final.
É imposible rematar esta pequena introducción ás fotografías sin mencionar, expresamente, o mellor de todo: O GRUPO DE ALUMNAS/O que fixo a viaxe!!!.
Seminario de Francés Ana Álvarez.
TODAS as fotos ... que son moooitas. Son de Antia, Pablo, Raquel e Carina.
05/04/2005
Os días 28 de Febreiro, 7 e 14 de Marzo, alumnos de 1º e de 4º da ESO realizaron, dentro das actividades da materia de Educación Plástica e Visual, unha visita ás instalacións do CIEC,( Centro Internacional da Estampa Contemporánea ).
Este Centro posúe un Museo da Estampa, no que os alumnos puideron contemplar obras dos principais artistas que traballan estas técnica.
Nos talleres lles mostraron as ferramentas e a maquinaria utilizada para o proceso de gravado, a aprenderon as características das distintas técnicas: punta seca, augaforte, xilografía, litografía e procedementos aditivos.
Finalmente, o alumnado –e tamén os profesores- puideron levar á práctica o aprendido, realizando un proxecto completo de gravado e estampación coa técnica da punta seca.
Os resultados foron, naturalmente, moi variados, pero para todos resultou una experiencia motivadora e sorprendente contemplar a transformación dunha simple prancha de zinc nunha pequena obra de arte persoal.
Celia Pernas Departamento de EPV
Como andamos de exames, un pouco de humor e comprensión por parte da "Real academia Española"... Importantes decisions en relación a escritura dos mensaxes SMS. Un sorriso e a seguir cos libros.
04/04/2005
Moitas cousas temos que decir hoxe.... * Penso que xa arranxamos o problema cas fotos e por fin aparecen fotos novas, aunque pode ser que "algunha" desaparecese:
* As fotos do día do homenaxe a Luisa, un día para o recordo.
* Xulian e Anxeles fixeron un curso en Lisboa, e trouxeron fotos moi interesantes.
* Abrimos un álbum de actividades no instituto, con todas esas cousas que se fan no centro pero fora das clases.
* Faltan as fotos de París (non hay forma de conseguilas...) e dalgunha saida do departamento de EPV que serán moi interesantes e que xa se poderán poñer. Penso que tanto Marisa como Sonia teñen fotos olvidadas que pronto verán a luz.
Espero que estén todas
29/03/2005
So unhas palabras de animo e un momentiño de descanso para todos os que estan estudiando coma tolos.... baixiño para non molestar...Tendes que buscar un canciño moy bonito.
15/03/2005
Estamos nos últimos días de clase antes das Vacacions, lembrade ca volta temos a "Semana de Pasión" con todos os exames e as avaliacions, poñede as cousas a punto e non esquezades nada importante.
As fotos que ainda non sairon, terán que esperar un pouco, así teremos tamen as dos "morreras" que andan de paseo por París.
Os de 2º Bach xa están sufrindo os exames. Ainda terán que esperar un pouco polas datas da 3ª avaliación, porque no dependen do instituto, cando as teñamos poremolas asiña.
10/03/2005
11 de Marzo
07/03/2005
Martes 8 de marzo, día da Muller Traballadora. Queremos facer un homenaxe a todas as mulleres, novas e maiores, que loitan a diario por ser elas mesmas. Pincha nos enlaces e disfruta ...
* Mulleres. Imaxes de "National Geographic" * Especial muller "el mundo".
03/03/2005
O venres faremos un homenaxe a Luisa Villalta no que poderedes participar todos. Os actos celebraranse durante as duas últimas horas co seguinte horario:
5ª hora:Tres actividades simultaneas
1/"ILUSTRAR TEXTOS"
Imaxinamos unha actividade creativa para coñecer mellor a obra de Luisa Villalta.
Elixe unha frase o párrafo que che diga algo.
Imaxina como reflexar ese texto nunha imaxe: pintura, collage, debuxo.
Ou, para quen queira, fai do verso outro texto, o teu texto
• ALUMNADO DE 1° E 2° DA ESO • NO PATIO CENTRAL DO INSTITUTO. Para quen o prefira pódese utiliza-la clase para realiza-la actividade
2/ MESA REDONDA:
Intervirán: * Cesáreo Sánchez Iglesias (Pdte. Asociación Escritores en Lingua Galega) * Cristina Cubeiro (Ex alumna e profesora na Escola de Idiomas de Santiago)
* Intercalarase lectura de poemas ou textos por parte de alumnado de 2° BACH
• ALUMNADO DE 3° E 4° DA ESO • NA SÁ USOS MÚLTIPLES
3 / MESA REDONDA:
Intervirán:
* Estíbaliz Espinosa (poetisa) * Francisco Pillado (escritor y crítico literario) * Intervención dun ex alumno e poeta, Victor * Intercalarase a lectura de poemas e textos por parte do alumnado de 2° * Posible interpretación musical a cargo de alumnos de 2°
* ALUMNADO DE 1° E 2° BACH * NA BIBLIOTECA
_______________________________________________________________
6ª hora:Actividades conxuntas de todo o centro
* Realización de murais colectivos POR AULAS: Pintura,escritura, collage. * Convocatoria do II certame literario "Luisa Villalta" * Clausura dos actos da Homenaxe
|